O pianista, Juan Carlos Cornelles iniciou a súa formación musical no Conservatorio profesional de Castelló e completou os seus estudos no Real Conservatorio Superior de Madrid, o Aula de Música da Universidade de Alcalá de Henares e a Guildhall School of Music and Drama de Londres. Os seus principais mestres foron Almudena Cano, Josep M. Colom, Miguel Zanetti, Graham Johnson e Caroline Palmer.
Tras rematar un Máster especializado en Música de Cámara e Piano acompañante, centra a súa actividade en Londres nestas disciplinas, aparecendo xunto a instrumentistas e cantantes en importantes salóns de concertos como Saint Martin in the Fields, Wigmore Hall, Barbican Hall e St. James (Piccadilly). En España ofreceu recitais en festivais internacionais e salas coma o Palau da Música de Valencia, Festival Internacional de Santander, Fundación Príncipe de Asturias, Auditorio Baluarte, Fundación Juan March, Semana da Música de cámara de Monserrat, Festival Lírico de Albacete e Festival Lírico de Callosa d’en Sarrià entre outros.
Actuou a carón de instrumentistas internacionais coma o saxofonista C. Delangle (Conservatorio superior de París), o frautista S. Kudo (Conservatorio Superior de París), o Violonchelista M. Khomitzer (Conservatorio superior de Moscú) e cantantes como Ana María Sánchez e Manuel Cid.
Juan Carlos gravou para RNE e a BBC3 inglesa, e participou na gravación do dobre CD, conmemorativo do 30 aniversario de Radio Clásica, dedicado a compositores contemporáneos españois. Tamén protagonizou estreas absolutas dos compositores A. G. Schneekloth, Javier Costa e Vicente Roncero.
Actualmente exerce a docencia no Conservatorio Superior “Salvador Seguí” de Castelló e no Conservatorio do Liceo de Barcelona.