menu x

Profesores

David del Puerto

Composición

Nado en Madrid en 1964, formouse inicialmente en guitarra con Albert Potin e en harmonía con Jesús María Corral, para estudar despois composición con Francisco Guerrero e Luis de Pablo.

Dedicado profesionalmente á música desde principios dos anos 80, con pouco máis de 20 anos, o seu nome destaca no Almeida Festival de Londres e, pouco despois, recibe de Pierre Boulez o encargo de escribir unha nova obra para o Ensemble InterContemporain. Desde entón, a súa música estivo presente nos máis importantes festivais e temporadas de concertos de Europa, Asia e América, sendo interpretada por destacados directores, solistas, conxuntos e orquestras.

O seu catálogo comprende até a data arredor de 170 obras de todos os xéneros, das que destacan tres óperas, cinco sinfonías, un ballet, un gran número de concertos con solista, e unha importante produción para guitarra (só, concertante, clásica, eléctrica, etc.).
Desarrollou tamén unha intensa actividade docente como profesor invitado en universidades e conservatorios de España, Europa, Latinoamérica e Estados Unidos. Actualmente é profesor de Análise e Harmonía na Escola Superior de Música Reina Sofía, e de Composición no Centro Superior Katarina Gurska de Madrid.

En 1993 gañou o Premio Gaudeamus de Ámsterdam co seu Concerto para oboe e conxunto de cámara, e no mesmo ano recibiu o Premio «El Ojo Crítico» de Radio Nacional de España. En 2005 recibiu o Premio Nacional de Música na modalidade de composición pola súa traxectoria, e en especial polo estreno da súa Sinfonía n.º 1, «Boreas», encargo do Festival de Canarias 2005.

Na tempada 1999-2000 foi compositor residente da Xuvenil Orquestra Nacional de España, para a que compuxo as obras Mito e Fantasía segunda.

Na tempada 2011-2012 foi compositor residente da Orquestra e Coro Nacionais de España e do Centro Nacional de Difusión Musical para desenvolver o proxecto pedagóxico «Todos creamos», xunto co Colexio Sagunto, o Instituto Ramiro de Maeztu e solistas da Compañía Nacional de Danza. O proxecto materializouse no espectáculo Simbiosis, estreado con gran éxito en maio de 2012 no Auditorio Nacional de Música.

É guitarrista e compositor do ensemble rejoice!, co que estreou o espectáculo Sobre a noite, o ballet Carmen replay, encargo do Teatro Real, e a velada de concerto Caro Domenico, encargo do Istituto Italiano di Cultura.

A súa música foi publicada en máis de trinta discos, nove deles monográficos.

Sobre a súa obra publicáronse decenas de traballos académicos e artigos especializados, destacando tres teses doutorais, a cargo de Jeremy Bass (Universidade de Kentucky), Ángel Luis Castaño (Universidade de Extremadura) e Eduardo Soutullo (Universidade de Vigo).

http://daviddelpuerto.com