menu x

PROFESORES

Josep María Colom

PIANO

Naceu en Barcelona en 1947. A música era algo moi importante e no seu ambiente familiar dende que ten recordo e non era habitual nesa época en España. Sen dúbida esta circunstancia e o feito de que os seus pais, sen ser músicos de profesión, o apoiaran incondicionalmente tanto de xeito emocional coma de xeito económico e permitiulle desfrutar deste oficio toda a vida.

Na súa xuventude gañou algúns concursos. Os internacionais de Xaén en 1977 e Santander en 1978 o axudaron a comezar a ser coñecido en España; moito máis tarde o Ministerio de Cultura de España lle outorgou o Premio Nacional de Música, ao cal ten especial estima por deberllo ao aprecio dos seus compañeiros de profesión. Nos anos 80 a súa actividade pública aumentou pouco a pouco e actualmente toca regularmente con practicamente todas as orquestras españolas con moi bos directores, así coma en recital e música de cámara nos principais festivais e auditorios. Tamén fora das fronteiras mantén unha notable actividade, particularmente en Francia, onde viviu bastante tempo nos anos 70, estudando en L’ecole Normale de Musique, fundada por Alfred Cortot e onde gravou a maior parte da súa discografía para o selo “Mandala” con música de autores tan diversos como Brahms, Franck, Blasco de Nebra, Mompou, Falla… Recentemente o selo RTVE editou un dvd co terceiro concerto de Prokofiev e un cd con obras de Chopin, Debussy e Ravel, gravacións en vivo do arquivo de Radio Clásica dentro da serie “Grandes pianistas españoles”. Definitivamente prefire as gravacións en vivo anque sexan más imperfectas afirma que son más reais.

Moitos músicos influíron e inflúen na súa evolución musical. Destaca os seus coñecementos á súa tía Rosa Colom, que lle deu confianza e o contaxiou o seu entusiasmo pola música e ao compositor (e por entón tamén pianista) Joan Guinjoán que nos seus 19 anos o axudou a desenvolver unha maneira de abordar a música e a execución pianística moito más racional e estruturada.

Un temperamento reservado e introvertido fai que o mundo de Colom sexa o recital e a música de cámara, anque non foi capaz de renunciar ás ocasións de desfrutar das marabillas do repertorio con orquestra. Non é quen de iniciar unha lista das orquestras, directores, cuartetos e músicos en xeral cos que compartiu grandes momentos porque podería esquecer a moitos, e todos eles tiveron ou teñen importancia na súa traxectoria.

A pedagoxía converteuse pouco a pouco en algo moi valioso e nunha ocasión, gracias ao contacto cos músicos máis xóvenes, de renovar unha e outra vez o entusiasmo polo redescobrimento do gran repertorio. Asemade de impartir regularmente clases maxistrais, ensinou dende a súa fundación en 1990 no aula de Música da Universidade de Alcalá de Henares e fai uns anos colaborou no Conservatorio Superior de Zaragoza e no Musikeon de Valencia.

Facer música é un gran privilexio para Josep Colom, por iso quere dar as gracias a todas as persoas que se teñen desprazado para compartir o que para el e un milagre cotidián.

https://www.youtube.com/watch?v=uprUDLR3NPY

Titular de Cátedra

Pianistas Repertoristas

VIOLÍN
Angel_Huidobro_profesor_pianista_repertorista
VIOLONCHELO
Juan_Carlos_Cornelles_profesor pianista_repertorista
VIOLA Y MÚSICA DE CÁMARA