menu x

PROFESORES

Carmen Cruz Simó

MÚSICA POLIFÓNICA

Carmen Cruz Simó realizou os seus estudos musicais no Conservatorio de Música de Santa Cruz de Tenerife, especializándose en dirección coral en Cataluña. Foi directora da Coral Universitaria de “La Laguna”, e fundadora do Coro Polifónico Universitario da Universidade de “La Laguna”, ao que dirixiu dende 1983 ata finais de 1992. Traballou coa Orquestra Sinfónica de Tenerife como colaboradora, preparando os coros dos programas sinfónico-corais, co coro Polifónico Universitario de “La Laguna”, o Conservatorio Superior de Música de Santa Cruz e o Coro de Cámara de Tenerife.

É directora do Coro de Alumnos e do Coro Infantil do Conservatorio Superior de Música de Santa Cruz de Tenerife. Foi profesora de cursos en Cádiz, Lleida, Granada e Segorbe. Actuou como directora de Atelier para as organizacións Internacionais Federation for Choral Music, Deutsche Föderation Junger Chore, Festliche Tage Europäischer Jugend, Juventudes Musicales de Alemaña e Federación Europea de Coros Xóvenes. Recentemente traballou coa organización Internationales Chor Forum, de Frankfurt.

En 1994 funda o Coro de Cámara de Tenerife, co que obtén o Primeiro Premio no XXX Festival Internacional Coral de Miedzyzdroje, Polonia, e no XXXI Festival Internacional de Órgano e Música de Cámara en Kamien Pomorski de 1995. En xullo de 1996 o coro é premiado no XVII Concurso Internacional Béla Bartók de Debrecen co premio á interpretación de música contemporánea.  É, asemade, catedrática de Dirección de Coros e Conxunto Coral do Conservatorio Profesional de Música de Santa Cruz de Tenerife.

Galardoada en diversos países de Europa, serían interminables as súas actuacións nos encontros corais de máxima categoría.

Experiencia pedagóxica

Formou alumnos que actualmente levan a cabo a súa labor de dirección en diversos coros da illa, como son Alofons López Raymond, Juan Ramón Vinagre Delgado e Juan Ignacio Oliva Cruz. Directora de diversos coros do Conservatorio e fundadora do Coro de Cámara de Tenerife.

Dende 2003, é titular da Cátedra de Polifonía dos Cursos Universitarios e Internacionais de Música Española “Música en Compostela”.

Titular de Cátedra

Pianistas Repertoristas

VIOLÍN
Angel_Huidobro_profesor_pianista_repertorista
VIOLONCHELO
Juan_Carlos_Cornelles_profesor pianista_repertorista
VIOLA Y MÚSICA DE CÁMARA