Realiza a súa formación musical nos Conservatorios de Valladolid, Superior de Madrid (piano, acordeón clásico, contrapunto e composición con Manuel Carra, Elio Boschello, Daniel Vega e Antón García-Abril, respectivamente) e Scuola de musica “Luciano Fancelli “de Venecia.
A súa actividade concertística esténdese por toda a xeografía española, Andorra, Arxentina, Bélxica, Brasil, Chile, Exipto, Francia, Holanda, Italia, Polonia, Portugal, Reino Unido, Rusia e Suíza, actuando en salas del prestixio do Auditorio Nacional de Música de Madrid, Teatro Real de Madrid, Teatro Monumental de Madrid, Palau de les Arts “Reina Sofía” de Valencia, Sociedade Chopin de Varsovia ou o Teatro Bolshoi de Moscú.
Efectuou gravacións para radio e televisión; conta cun total de 27 CDs editados e distribuídos polos selos RTVE Música, Fundación Autor, Banco de Son, Discográfica do RCSMM e, principalmente, Tañidos, nos que outorga un papel preponderante á música española, destacando as integrais de Guridi (obra completa para canto e piano), música española para piano a catro mans (integral de Joaquín Rodrigo), xunto a Juan Manuel Consuegra, música española para violoncello e piano (tres volumes), xunto a Eduardo del Río e Zarzuela en formato de cámara (sexteto con piano), (10 volumes ata a data), co Ensamble de Madrid.
Na súa carreira concertística e discográfica, merece un capítulo especial a súa interpretación da Suite Iberia de Isaac Albéniz no Auditorio Nacional de Música de Madrid en conmemoración do centenario da súa morte (2009), levándoa ao CD en 2004 con gran éxito de crítica (foi elexido “El disco de la semana” en “El cultural” de “El mundo”) a ao DVD (2014, primeira gravación neste formato da obra completa, co selo QTV). Tamén cabe destacar a súa gravación integral das “Harmonías poéticas e relixiosas” de F. Liszt, presentada na gran Sala Vermella dos Teatros do Canal (Comunidade de Madrid), a integral dos corais para órgano de Bach transcritos para piano por Busoni, ou o primeiro libro de Preludios de Debussy.
Participou en numerosos ciclos e festivais: Ciclo de Cámara do Teatro Real de Madrid (2004,2006,2007,2008 y 2011 ), Ciclo de Cámara da Orquestra da RTVE (2000, 2002, 2004 y 2009), a Música de Cámara de Brahms, Fundación Juan March (1997), Festival Internacional de Mirano (Venecia, 1987 e 1988), Festival Internacional de Alacante (1999), Festival Internacional de Granada (2000 y 2001) e o Festival Internacional de Órgano Catedral de León (2001) entre outros.
Foi mestre repetidor do Teatro Real de Madrid nas tempadas 1997-1998 e 1998-1999, colaborando con Plácido Domingo, Jaime Aragall y Joan Pons, entre outros. Participou na estrea de obras como a ópera “Divinas Palabras” de Antón García-Abril, o Ballet “La Celestina” de Carmelo Bernaola, ou “De verborum et speculorum ludis” de Cristóbal Halffter. Colabora coa Orquestra Sinfónica de Madrid dende 1999 e actuou, entre outras, coa Orquestra Nacional de España, Orquestra da Comunidade de Madrid e a Orquestra da RTVE. Realizou música de cámara cos grupos: Ensamble de Madrid, do que é membro dende o ano 2000, Modus Novus, Cámara XXI, diversas agrupacións de cámara da Orquestra da RTVE e da OSM, e o Ensamble Iberoamericano entre outros, e con intérpretes como Pedro Corostola, Marçal Cervera, ambos profesores do prestixioso Curso “Música en Compostela”, curso no que leva 20 años colaborando como pianista.
Actualmente é profesor numerario do Conservatorio Profesional de Música “Joaquín Turina” e ocupa unha cátedra en comisión de servicios no RCSMM dende 2003.
“Huidobro fai esquecer ao oínte a súa suficiencia mecánica para seducilo coa súa vibrante musicalidade. Dalgunha maneira, xunta o pulso de Sánchez, o voo de Orozco e a naturalidade de Alicia. Nada é gratuíto e todo ten lóxica e razón de ser nos seus dedos expresivos.” Justo Romero.
“Excelente representante da moderna falanxe de teclistas españois”. Arturo Reverter.