menu x

PROFESORES

Ismael Fernández de la Cuesta

MUSICOLOGÍA

Actualmente é Musicólogo e Catedrático de Canto Gregoriano do Conservatorio Superior de Música de Madrid. Asemade é Socio de Honra da Sociedade Española de Musicoloxía (da que foi o seu Director) e Vicedirector e Académico Numerario da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.

Breve traxectoria curricular:

Fernández de la Cuesta tivo como escola o Mosteiro de Silos (Burgos), onde adquiriu unha sólida formación humanística e en linguas clásicas, á par que afondou cos mellores mestres na liturxia e a súa historia e no canto gregoriano, cuxo coñecemento técnico acrecentou en Francia cos monxes de Solesmes. Sendo prior de Silos dirixía o coro de gregorianistas do mosteiro, co que gravou varios discos que obtiveron prestixiosos galardóns.

Licenciado en filoloxía románica pola UNED, asumiu trala xubilación do P. Samuel Rubio a cátedra de canto gregoriano do Conservatorio Superior de Música de Madrid, onde levou a cabo unha gran labor pedagóxica no campo da Musicoloxía. Foi presidente da Sociedade Española de Musicoloxía entre os anos 1982 e 1993, etapa na que lle outorgou a dita asociación unha extraordinaria dimensión internacional. Nomeado Académico Numerario da Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, é Vicedirector da mesma desde 2010. Cultiva a vinculación cos países de Hispanoamérica, formando a xóvenes musicólogos de diversos países do mundo hispánico para a recuperación e preservación do legado musical que dende a época preindependentista conservan as súas catedrais e mosteiros, labor que realiza en colaboración coa Fundación Carolina. Mantén e dirixe asemade un grupo de gregorianistas, cos que imparte concertos en todo o mundo, recibindo numerosos galardóns por esta labor e tamén pola súa proxección discográfica.

Realizou estudos fundamentais sobre o noso legado musical do Medievo: o vello canto hispano o visigótico-mozárabe, o Códice Calixtino de Santiago de Compostela, o Códice do mosteiro das Folgas, a música de trobadores e trobeiros, as Cantigas de Alfonso X o Sabio, incidindo tamén en temas do Renacemento, como a súa celebrada tradución do latín dos sete libros de Música do organista e teórico Francisco Salinas.

Publicista infatigable, foi tamén frecuente participante en congresos e simposios internacionais. Formou parte do Consello da Cultura do CEYAC, da Comunidade de Madrid, sendo Joaquín Leguina presidente da Comunidade Autónoma. Na actualidade é membro do Padroado de Cultura da Consellería de Cultura da Comunidade de Madrid. Sendo subdirector do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, propiciou a creación do Conservatorio Elemental de Música de Pozuelo de Alarcón (Madrid), o seu lugar de residencia. Na actualidade é membro do Consello Estatal das Artes Escénicas e da Música.

Distincións máis relevantes

Ismael Fernández de la Cuesta posúe numerosos galardóns e recoñecementos, moi en especial a Gran Cruz da Orde de Alfonso X – O Sabio, concedida polo Rei de España. Conseguiu discos de ouro y de pratino polos seus CDs de canto gregoriano e de música litúrxica. Entre os seus múltiples recoñecementos internacionais cabe sinalar o Grand Prix de l´Académie Charles Cros polo seu disco Códice Calixtino – Antifonario Mozárabe, o Gran Premio do Festival Internacional de Belas Artes de Tokyo polo seu álbum discográfico Tomás Luis de Victoria, Hebdomada Sancta, e ser nomeado ao Premio EMMY de Hollywood en 1996 polo seu programa concerto na TV PBS dos Estados Unidos, The Gregorian Chant, Songs of the Spirit.

Asemade, cabe destacar que o Profesor Fernández de la Cuesta, foi distinguido co Premio ao Musicólogo Estranxeiro máis importante da American Musicological Society do ano 2015.

https://www.youtube.com/watch?v=td4FuQ27BZM

Titular de Cátedra

Pianistas Repertoristas

VIOLÍN
Angel_Huidobro_profesor_pianista_repertorista
VIOLONCHELO
Juan_Carlos_Cornelles_profesor pianista_repertorista
VIOLA Y MÚSICA DE CÁMARA