menu x

PROFESORES

Ashan Pillai

VIOLA Y MÚSICA DE CÁMARA

Ashan Pillai é actualmente un dos principais violistas e pedagogos do sur de Europa. Os éxitos precoces en numerosos concursos o conduciron a debutar con recitais aclamados pola crítica en Londres e Nova York (Wigmore Hall, Purcell Room and Carnegie Hall) e a colaborar profundamente como solista e músico de cámara con Christopher Hogwood, Christian Zacarias e Pinchas Zukerman entre outros.

Todo isto lle levou a actuar por todo o mundo en  destacados festivais de música de cámara como o Schleswig Holstein (Alemaña), Casals (España, Porto Rico e Francia), Kuhkmo (Finlandia), Ravinia, Aspen, Tanglewood, Sarasota (Estados Unidos), Salzburg (Austria), The Proms (Londres) etc., e a actuar como solista coas orquestras de cámara inglesa, escocesa, andorrana, a Orquestra de cámara Checa, la orquestra Gulbenkian de Lisboa, Ensemble Modern (Frankfurt) e Londres e os Nueva York Musici.

Ashan Pillai, naceu en Srilanka, de nacionalidade británica, estudou en Londres (Royal Academy of Music), Os Ánxeles (University of Southern California) e Nova York (Juilliard School) con John White, Karen Tuttle e Donald McInnes.

Entre 1994 y 1997  gañou os premios especiais nos concursos Internacionais Tertis e Roma  así coma o Royal Overseas League, o Park Lane Group e o Artist International. Foi fundador do conxunto de cámara Mobius, e membro da English Chamber Orchestra e violista do Zukerman Chamber Players na súa formación de quinteto.

Gravou profusamente, para EMI, Belio, Naxos, ASV, Verso, Columna Música, Altara, Oehms Classics, e SGAE e a súa discografía inclúe a colección máis ampla de repertorio español para só viola e viola e piano.  Tamén participou nas estreas dalgúns dos compositores contemporáneos máis representativos, coma Krystof Penderecki, Wolfgang Rihm e Gavin Bryars e estreado moitas obras de compositores españois entre os que figuran Leonardo Balada, Antón García Abril, Jordi Cervelló, Lluis Benejam, Francisco Fleta e Benet Casablancas entre outros.

Dende o ano 1995 ao 2000 foi asistente de viola na English Chamber Orchestra e dende o año 2000 é solista de viola á Orquestra Sinfónica de Barcelona e Nacional de Cataluña (OCB) e profesor de viola da Escola Superior de Música de Cataluña (ESMUC), o Conservatorio do Liceu e profesor visitante da Universidade Alfonso X en Madrid. Impartiu e imparte con regularidade clases maxistrais por todo o mundo.

Toca con una viola do luthier americano Gregg Alf (modelo Gaspar da Saló) construída en 1992.

https://www.youtube.com/watch?v=_17NlVkYx2M

Titular de Cátedra

Pianistas Repertoristas

VIOLÍN
Angel_Huidobro_profesor_pianista_repertorista
VIOLONCHELO
Juan_Carlos_Cornelles_profesor pianista_repertorista
VIOLA Y MÚSICA DE CÁMARA