Nace en Madrid onde cursa a carreira superior de canto no Real Conservatorio desta cidade, antes de trasladarse a Viena para perfeccionarse con O. Miljakovic. Tamén cursa estudos de dereito na Autónoma de Madrid, universidade na que ademais obtén o DEA en Historia e Ciencias da Música.
Na actualidade e desde 2019 é catedrática de canto na Universität der Künste Berlin, actividade que combina coa súa carreira sobre escenarios de todo o mundo.
María José Montiel é Premio Nacional de Música 2015 outorgado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España; Premio á Mellor Cantante Feminina de Ópera na edición 2011 dos Premios Líricos Teatro Campoamor pola súa versión de Carmen, de Bizet, no Gran Teatre del Liceu de Barcelona; Premio Lucrecia Arana; Premio Federico Romero da SGAE; Premio Ojo Crítico de RNE e o da CEOE; Premio Fundación Coca-Cola España ao mellor intérprete pola “calidade da súa voz, o seu temperamento expresivo e versatilidade de repertorio”. En 2007, ademais, foi galardoada co Premio de Cultura na modalidade de Música que outorga a Comunidade de Madrid. Desde 2017 é Embaixadora da Fundación Columbus.
Dona dunha carreira prolífica e de longo percorrido, cantou nos escenarios máis importantes do mundo, como os do Carnegie Hall de Nova York, La Scala de Milán, Salle Pleyel e Opéra National de París, Musikverein, Konzerthaus e Staatsoper de Viena, Festival de Bregenz, Staatsoper Bern, NAC Ottawa, NHK Hall e New National Theatre de Tokio, National Centre for the Performing Arts, Kennedy Center de Washington, Atlanta Opera e Florida Grand Opera en USA, Cincinnati Symphony, Doelen de Rotterdam, Finlandia Hall de Helsinquia, Ópera de Budapest, Sidney Town Hall, Teatro Regio de Parma, Teatro Malibran de Venecia, Teatro Verdi de Pisa, Teatro Comunale de Bolonia, La Fenice de Venecia, Teatro Verdi de Trieste, Sala Filarmónica e Teatro da Ópera de Varsovia, Teatro de La Monnaie de Bruxelas, Teatro Real e Auditorio Nacional de Madrid, Gran Teatre del Liceu e Palau de la Música Catalana de Barcelona, Palau de la Música e Palau de les Arts Reina Sofía de Valencia e a práctica totalidade dos teatros e auditorios de España.
É unha das grandes intérpretes de Carmen, ópera que cantou dirixida por Zubin Mehta na apertura da tempada 2015-2016 do Teatro San Carlo de Nápoles e en Tel-Aviv xunto á Filharmónica de Israel. Ademais, interpretou á xitana de Bizet nos escenarios máis importantes de Suíza, Italia, Alemaña, Francia, España, Xapón, China e Estados Unidos.
O mestre Mehta tamén a dirixiu en Medea (Neris), de Cherubini, no Palau de les Arts de Valencia, e en Un ballo in maschera (Ulrica) en Tel-Aviv.
Cantou tamén óperas como Samson et Dalila (Dalila), Aida (Amneris), Un ballo in maschera (Ulrica), La Gioconda (La Cieca), Les contes d’Hoffmann (Giulietta), La Favorita (Leonora), La clemenza di Tito (Sesto), Le nozze di Figaro, Così fan tutte (Dorabella), Il Barbiere di Siviglia (Rosina), Luisa Miller (Federica) ou Medea (Neris), entre outras.
No repertorio sinfónico-vocal destacan obras fundamentais para a súa voz como a Segunda, Terceira e Octava sinfonías de Mahler e os seus Lieder eines fahrenden Gesellen, Stabat Mater e Petite Messe Solennelle de Rossini, Poème de l’amour et de la mer de Chausson, Shéhérazade de Ravel, Les nuits d’été e Escenas de Fausto de Berlioz, Rapsodia para contralto de Brahms, Alexander Nevsky de Prokofiev ou a Novena Sinfonía de Beethoven ou o Réquiem de Verdi, obra que cantou en máis de cincuenta ocasións, principalmente dirixida por Riccardo Chailly e xunto a orquestras de todo o mundo.
Foi invitada por orquestras como as Filarmónicas de Viena, Buenos Aires, Helsinquia e Tokio, as Sinfónicas de Montreal e Cincinnati, os Virtuosos de Moscova, a Orquestra Nacional de Francia, N.A.C. de Ottawa, Cámara de Lausana, Fundación Arturo Toscanini, Filarmónica Radio Holanda; Filarmónica de Liverpool ou Giuseppe Verdi de Milán, mentres que en España colabora habitualmente coa Orquestra Nacional de España, Sinfónica de RTVE, Sinfónica de Murcia, Orquestra de Valencia e con case a totalidade dos conxuntos orquestrais españois.
Ademais das súas colaboracións con Zubin Mehta e Riccardo Chailly, tamén traballou con directores da talla de Lorin Maazel, Pinchas Steinberg, Vasili Petrenko, Daniel Oren, Neville Marriner, Xian Zhang, Wayne Marshall, Adam Fisher, Horst Stein, Heinrich Hollreiser, John Axelrod, Charles Dutoit, Vladimir Spivakov, Jesús López Cobos, Miguel Ángel Gómez Martínez, García Calvo, García Navarro, John Paul Decker, García Asensio, José Collado, Lawrence Foster, Odon Alonso, Janos Kovacs, Jeffrey Tate, Maurizio Benini ou Jacques Delacôte, entre moitos outros.
Sempre tivo unha especial consideración pola creación española, participando na recuperación da ópera Pepita Jiménez (Albéniz), no estreo absoluto de María Moliner (Parera Fons, Teatro da Zarzuela) e de Merlin (Albéniz, Auditorio Nacional); reinaugurou o Teatro Real de Madrid en 1997 con La vida breve, que despois levou ao Carnegie Hall de Nova York e, dirixida por Josep Pons, a Australia, onde a obra de Falla escoitouse por primeira vez. Ademais, estreo obras de compositores contemporáneos como Ojos Verdes de Luna, de Tomás Marco ou Eufonía, de Xavier Montsalvatge, ademais de pezas de Cruz de Castro, Peris, Bernaola, Barce ou Anton García Abril, de quen interpretou boa parte do seu repertorio vocal.
María José Montiel é unha gran estudosa do repertorio de Lied, canción española, francesa e brasileira, que ofrecíu en máis dun centenar de recitales.
Gravou máis de 20 discos, traballos que realizou para selos como Dial, BIS, RTVE, Ensayo, Fundación Autor, Deutsche Grammophon e Stradivarius; o seu DVD Madrileña Bonita, un espectáculo producido no Teatro Real de Madrid, foi galardoado co Dvd de Ouro e o seu disco Modinha, con repertorio de autores brasileiros, foi finalista dos Premios Grammy. En 2015 lanzou o seu disco El día que me quieras, dedicado á canción hispanoamericana e aos clásicos brasileiros máis populares.