menu x

PROFESORES

Lluís Claret

Ó andorrano Lluís Claret comezou os seus estudos musicais a idade de 9 anos. En 1964 traslodouse a Barcelona onde, despois de obter as máximas distincions no Conservatori Liceu, empezou a recibir os consellos de Enric Casals (irmás de Pau Casals), que pese a non ser violonchelista será durante moitos anos o seu principal profesor. Posteriormente ampliou os seus estudos en Francia, Italia e Estados Unidos con Maurice Gendron, Radu Aldulescu e Eva Janzer, un perfeccionamento que se completou con dúas personalidades que resultaron determinantes no seu posterior desenrolo musical: György Sebök e Bernard Greenhouse.

Despois de gañar os primeros premios nos Concursos internacionais de Bolonia (1975), Pau Casals (1976) e Mstislav Rostropovich (1977), convertiuse nun solista habitual invitado polas máis importantes orquestas, entre elas, a Orquesta Sinfónica de Washington, a Filarmónica de Moscú, a Orquesta Nacional de Francia, a Orquesta de Cámara Inglesa, a Filarmónica Húngara ou a Filarmónica Checa, baixo a batuta de referentes coma Pierre Boulez, Karl Munchingen, Dimitri Kitaienko, Witold Lutoslawski, George Malcolm, Vaclav Neuman ou Mstislav Rostropovich.

Nembargantes, a música de cámara sempre ocupou un lugar especial na súa actividade profesional. Neste sentido fundou o Trío de Barcelona (1981-1993) e colaborou con intérpretes prestixiosos.

Lluís Claret tamén é un referente pedagóxico, invitado regularmente a formar parte dos xurados de Concursos e Cursos Internacionais (coma o Rostropovich de París, o Leonardo Rose de Washington, o Trapani de Sicilia), así como sendo profesor de numerosos conservatorios. Dende o ano 2003 preside o Concurso Internacional Lluis Claret-Ciudad de Moguer.

O seu repertorio exténdese desde Bach hasta os contemporáneos e comprende estreos, primeiras audicións e obras dedicadas de moitos compositores actuais (Ditilleux, Lutoslawski, Boulez, Xenokis, Guinjoan, Charles, etc.), moitos dos cales inmortalizou na súa tamén importante discografía.

Pianistas Repertoristas

Angel_Huidobro_profesor_pianista_repertorista
VIOLONCHELO
Itziar_Barredo_profesora_pianista_repertorista
Juan_Carlos_Cornelles_profesor pianista_repertorista
VIOLA Y MÚSICA DE CÁMARA
Juan_Manuel_Consuegra_profesor_pianista_repertorista