Inicia os seus estudos de violonchelo en Porto (Portugal) ata obter o grao superior coa profesora Madalena Costa. Otórganlle o premio “Suggia” e toca o concerto de Elgar coa orquestra no “Cello Montañana” que pertencía a Suggia.
Sigue a súa formación en París e Xinebra con Pierre Fournier e continúa en EE.UU. (Bloomington) cunha beca Fullbright como asistente e alumna de Janos Starker.
En música de cámara recibiu as clases de G. Sebok, B. Greenhouse e M. Pressler. En música antiga con Safford Cape en Bélxica. Forma parte do Grupo de Música Antiga de Lisboa tocando viola da gamba.
Na década de 1950-60 realizou unha intensa actividade como solista, ofrecendo recitales, concertos con orquestra e realizando gravacións. Esta actividade culminou coa súa presentación no Wigmore Hall de Londres con Sequeira Costa.
Foi membro das orquestras Sinfónica de Oporto, Nacional de Lisboa, profesora no Conservatorio Superior Nacional de Lisboa e na Escola Superior de Música de Oporto. Durante doce anos foi co-solista na Orquestra Gulbenkian.
Reside en Madrid desde 1976. Dedícase á música de cámara e á ensinanza e, como profesora, participou na formación de prestixiosos chelistas españois.
No ano 2001 creou o Fórum de Violonchelos de España, que segue funcionando baixo a denominación de “Cello León” e constitúe un referente para estudantes de violonchelo dos conservatorios españois.
En Portugal (Oporto) creou a “Fundación Franz Schubert” organizando Masterclasses cos máis prestixiosos chelistas do mundo como: L. Claret, M. Coppey, C. Bohorquez, T. Tsutsutmi e D. Grosgurin.
É invitada a tribunais e cursos en toda a xeografía española, así como en países como Portugal, Suíza e Alemaña (Detmold, Mannheim, etc.).
Forma parte do tribunal do premio “Suggia” (violonchelo Montagnana) en Porto.