menu x

PROFESORES

Jose Luis Rodrigo

GUITARRA

Nace en Madrid onde realiza os seus estudos de guitarra co mestre José María López e Regino Sainz de la Maza no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid.

Dende 1982, é Catedrático de Guitarra no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid sendo profesor dende 1970, excepción feita do curso académico 1975-76 no que se trasladou a Pamplona para impartir clase no Conservatorio Pablo Sarasate. A figura de José Luis Rodrigo Bravo sobresae ao longo da súa traxectoria vital persoal e profesional tanto coma docente coma concertista sendo un dos mellores coñecedores do repertorio guitarrístico incluso do máis infrecuente e sen dúbida o máis profundo coñecedor da música española para o instrumento no que fixou a súa atención dende neno gracias ao cedo contacto que mantivo con este a través do seu pai, Leandro Rodrigo Gil, gran afeccionado que chegou a recibir clases de Daniel Fortea no seu estudo da calle da Cruz de Madrid.

Tralo comezo da súa aprendizaxe da guitarra con José María López da Osa ingresou no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid na clase de Regino Sainz de la Maza completando unha formación regular importantísima repleta dos máis relevantes recoñecementos académicos: Premio Extraordinario Fin de Carreira (1961), Primeiro Premio de Harmonía (1962) e Primeiro Premio de Contrapunto e Fuga (1966); mentres, ampliaba esta a partir de 1961 asistindo ao Curso Universitario Internacional de Música Española “Música en Compostela” como discípulo de Andrés Segovia, e posteriormente de José Tomás, atopándose ademais contrastado o seu prestixio coa obtención de distintos galardóns en concursos internacionais, así como da praza de profesor de Guitarra no Conservatorio de Friburgo (Alemaña) en 1978, da que finalmente non chegou a facerse cargo debido ao desencanto sufrido no conservatorio pamplonés

Actividade profesional

De indubidable rigor e seriedade profesional e sen que isto merme en absoluto a proximidade coa que se percibe a súa presenza, a súa persoa e maxisterio, hai que dicir que José Luis Rodrigo Bravo, verdadeiro depositario da tradición do mestre Andrés Segovia, foi un dos intérpretes máis relevantes na segunda metade do século XX, realizando xiras por Europa, América e Asia, celebrando recitais e colaborando con prestixiosas orquestras, así como impartindo clases maxistrais, mantendo ademais da confianza no traballo que lle caracteriza, un optimismo renovado sustentado polos éxitos que os seus alumnos, algúns intérpretes destacados, van obtendo, converténdoo os mellores destes o equilibrio do que fan gala en todo momento entre coñecemento, virtuosismo e elegancia e ensino dunha escola.

Desde 1981, é titular da Cátedra “Andrés Segovia” do Curso Universitario Internacional de Música Española “Música en Compostela”.

https://www.youtube.com/watch?v=ZqIZ2PNjx1Q

Pianistas Repertoristas

Angel_Huidobro_profesor_pianista_repertorista
VIOLONCHELO
Itziar_Barredo_profesora_pianista_repertorista
Juan_Carlos_Cornelles_profesor pianista_repertorista
VIOLA Y MÚSICA DE CÁMARA
Juan_Manuel_Consuegra_profesor_pianista_repertorista