Activo como compositor e intérprete, a música de Buide abrangue dende música de cámara e a solo ata óperas e traballos sinfónico corales. As obras de Buide teñen sido programadas por formacións internacionales como as orquestras de Pittsburgh ou Minnesota, así como moitas das orquestras sinfónicas en España (Nacional, Sinfónica de Madrid, ROSS, OSPA, RTVE, etc).
A música de Buide presentouse en escenarios internaciones incluindo o Carnegie Hall ou o Lincon Center de Nova York coa Orquestra de Filadelfia. Traballóu con directores como Roberto González, Paul Daniel, Osmo Vänska, Libor Pesek, Pablo González, Lorenzo Viotti, José Ramón Encinar, Miguel Hart-Bedoya, Clemens Schuldt, Rossen Milanov ou Jaime Martín.
Especialmente interesado na música vocal, Buide presentou en 2019 seu primeiro traballo escénico, A amnesia de Clío, con dirección escénica de Marta Pazos e musical de Paul Daniel.
Entre suas estreas más recentes destaca Ruada, unha obra encargo da Sinfónica de Galicia para abrir os concertos da sua xira de presentación por Reino Unido.
Buide é doutor pola Universidade de Yale e estodou tamén na Universidade Carnegie Mellon de Pittsburgh así como nos conservatorio de Oviedo e Santiago. É discípulo dos compositores Leonardo Balada, Martin Bresnick ou Aaron Kernis. Compositor en residencia na Real Academia de España en Roma, recibiú tamén galardóns como o premio Aeos-BBVA ou as becas da Fundación Barrié ou a beca Leonardo da Fundación BBVA.
Na actualidade Buide é organista residente da Catedral de Santiago de Compostela.
Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies | Diseño web Artenova | © Música en Compostela 2026