menu x

PROFESORES

Antón García Abril

COMPOSICIÓN Y SINFONISMO

Naceu en Teruel. Compositor de amplo catálogo, posúe obras de distintos xéneros e formas: ópera, obras para orquestra, cantatas, concertos, (violín, piano, guitarra, violonchelo, frauta, dous pianos, dúas guitarras), música de cámara, destacando nesta última, os seus numerosos ciclos de cancións inspirados nos máis prestixiosos poetas españois.

De 1974 a 2003 impartiu clases coma Catedrático de Composición e Formas Musicais do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid.

É Director da cátedra “Manuel de Falla” de Cádiz e Profesor de Composición da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia.

Dende 1993 é Profesor de Sinfonismo e Música Actual, na especialidade de Composición nos Cursos Universitarios e Internacionais  de “Música en Compostela”.

En Marzo del 1982 foi elixido membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, en maio de 1995 correspondente da Academia de Nobres e Belas Artes de San Luís de Zaragoza, sendo nomeado en xaneiro do 2003, por unanimidade, Académico de Honra de dita Academia, en 1997 correspondente da Academia de Belas Artes Nosa Señora das Angustias de Granada, en 2000 da Academia Nacional das Belas Artes de la República Arxentina e en 2001 correspondente de la Real Academia de Belas Artes de Santa Isabel de Hungría de Sevilla.

En canto a galardóns e premios que recibiu destacan:

  • Académico da Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid.
  • Premio Nacional de Música 1993.
  • Premio Fundación Guerrero de Música Española 1993.
  • Premio da Música 1996, 1998, 2000 y 2002 outorgado pola Sociedade Xeral de  Autores e Editores e a Asociación de Intérpretes e Executantes.
  • Medalla de ouro ao Mérito das Belas Artes, 1998.
  • Premio Orfeón Donostiarra/Universidade do País Vasco  2001  á creación musical.
  • Premio Aragón 2003
  • Doutor Honoris Causa pola Universidade Complutense de Madrid
  • Medalla de ouro do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid
  • Gran Cruz de Alfonso X – O Sabio
  • Premio Iberoamericano da Música “Tomás Luis de Victoria”
  • Premio “Barón de Forna”
  • Premio de Cultura, na modalidade de música da Comunidade de Madrid.
  • Doctor Honoris Causa pola Universidade de A Habana (Cuba)
  • Conselleiro de Honra da SGAE
  • Vicepresidente do Consello Superior de Ensinanzas Artísticas do Ministerio de  Educación.
  • Presidente da Fundación Jacinto e Inocencio Guerrero

https://www.youtube.com/watch?v=-87cYBA1s74

Pianistas Repertoristas

Angel_Huidobro_profesor_pianista_repertorista
VIOLONCHELO
Itziar_Barredo_profesora_pianista_repertorista
Juan_Carlos_Cornelles_profesor pianista_repertorista
VIOLA Y MÚSICA DE CÁMARA
Juan_Manuel_Consuegra_profesor_pianista_repertorista