menu x

PROFESORES

Ana María Sánchez

CANTO

Naceu en Elda (Alacante). É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Alacante, que lle concedeu no ano 2000 o Loureiro de Ouro das Artes.

Estudou a carreira de Canto no Conservatorio Superior de Música “Óscar Esplá” de Alacante, coa soprano Dolores Pérez e na Escola Superior de Canto de Madrid, onde estudou con Isabel Penagos e Miguel Zanetti, obtendo o Premio Extraordinario de fin de Carreira “Lola Rodríguez de Aragón”.

Entre outros premios recibidos, destacan o Premio á mellor interpretación de Música en euskera no IV Concurso Internacional de Canto de Bilbao en 1992, e o segundo Premio no XXX Concurso Internacional de Canto “Città di Enna” en Italia en 1993.

Debutou na ópera como Abigaille de Nabucco en 1994, en Palma de Mallorca.   Dende entón actuou nas tempadas  dos teatros de ópera más importantes como a Staatsoper de Hamburgo, Bayerische Staatsoper de Munich, Deutsche Oper de Berlín, Ópera de Dresde, Ópera de Zurich, Festpielhaus de Salzburgo, Ópera du Rhin de Estrasburgo, Opéra de Marseille, Maggio Musicale fiorentino, La Fenice de Venecia, Teatro San Carlo de Lisboa, Gran Teatre del Liceu de Barcelona, Teatro Real de Madrid,  Euskalduna de Bilbao, Palau de les Arts e Palau da Música de Valencia,  Teatro Campoamor de Oviedo, Maestranza de Sevilla, Teatro Cervantes de Málaga, Teatro Principal de Santiago de Compostela, Palacio da ópera de A Coruña, Teatro Colón de Bos Aires, Teatro Belas Artes de México, e no Metropolitan Ópera House de New  York entre outros.

Asemade, participou en festivais coma o de Ravenna, Wiesbaden, Quincena donostiarra de San Sebastián, Festival Internacional de Santander, Festival Internacional de música de Canarias, Festival Internacional de música e danza de Granada e no Festival de Peralada entre outros.

Interpretou os roles titulares de Adriana Lecouvreur, Norma, Tosca, Anna Bolena, Lucrezia Borgia, Aida, Gernika, María del Carmen, Ildegonda, así como Mathilde en Guillaume Tell, Donna Anna en Don Giovanni, Leonora di Vargas en La forza del destino, Leonora di Sesé en Il trovatore, Elisabetta di Valois en Don Carlo, Amelia en Un ballo in maschera, Liù en Turandot, Rosario en Goyescas, Rosa en Maror, Salud en La vida breve, Lore en Zigor, Lady Clifford en Henry Clifford, Chrysotemis en Elektra, Abigaille en Nabucco, Desdémona en Otello, Elisabeth en Roberto Devereux, Margarita en Mefistofele, Elisabeth en Tannhäuser, Anna en Le Villi, Valentine en Los Hugonotes, Sita en Le roi de Lahore, Bruja/Blanca en La Bruja, Rosa en Juan José, María en Roger de Flor, Enriqueta en El Relámpago, Clara en El mozo de mulas, etc.

Combina as súas actuacións operísticas con concertos e recitais de Música de Cámara e Oratorio entre os que interpretou  Stabat Mater  y Te Deum de Dvorak, Novena Sinfonía de Beethoven, La muerte de Cleopatra y La infancia de Cristo de Berlioz, Cuatro últimos Lieder de Strauss, Gloria de Vivaldi, El Pessebre de Pau Casals, Las últimas siete palabras de Nuestro Señor en la cruz de Haydn, Cuarta Sinfonía de Mahler, La canción de la tierra de Mahler, Réquiem de Verdi, etc., así coma concertos de música española.

Gravou “La vida breve de Falla” con Max Valdés;  “El Pesebre de Pau Casals” con Lawrence Foster;  “Maror” de Manuel Palau con Enrique García Asensio; “Le roi de Lahor”  de Massenet con Marcello Viotti; “Ildegonda” de Arrieta con Jesús López Cobos; “Concierto Lírico de ópera y zarzuela” do Teatro Real de Madrid con Jesús López Cobos; “Zarzuela”  e “Dúos de zarzuela” con Enrique García Asensio e a Orquestra de RTVE;  “Gernika” con José Ramón Encinar e a Orquestra de Euskadi , e “La ópera de Sorozábal, Juan José”, con José Luis Estellés e a Orquestra do Centro Superior de Música do País Vasco. Ademais participou nas gravacións de “El dúo de la africana” do Teatro Real, con Jesús López Cobos, “Clásicos Populares 9” con Enrique García Asensio, Divas del Canto e Gala Lírica 2 coa Orquestra de RTVE e Odón Alonso,  e as recopilacións Voces de Zarzuela e Bellissimo, french Opera.

Colaborou en distintas publicacións especializadas con artigos sobre a voz e o Canto, e realizou varias conferencias sobre temas relacionados coa ópera e o estudo do Canto.

Compaxina a súa carreira profesional coa docencia, impartindo Máster class en diversos puntos da xeografía española.

É profesora de Canto en  Musikene  (Centro Superior de Música do País Vasco) e do Conservatorio Superior de Alacante “Óscar Esplá” no que imparte o Máster de Interpretación na especialidade de Canto. De 2008 a 2012 formou parte do claustro de profesores do Conservatorio Superior do Liceo de Barcelona.

Participou na estrea mundial da ópera Juan José de Pablo Sorozábal  da que se realizou gravación discográfica, e da estrea mundial en España da versión orixinal en inglés da ópera Henry Clifford de Isaac Albéniz, con José de Eusebio.

É directora artística e presidenta do xurado do Concurso internacional de Canto “Cidade de Elda”. Forma parte do Padroado da Fundación Clarós contra a xordeira profunda.

É Académica Numeraria da Real Academia de Belas Artes de San Carlos de Valencia.

Recibiu a encomenda de Número da Real Orde do Mérito Civil.

https://www.youtube.com/watch?v=anl60Rw8CTU

Pianistas Repertoristas

Angel_Huidobro_profesor_pianista_repertorista
VIOLONCHELO
Itziar_Barredo_profesora_pianista_repertorista
Juan_Carlos_Cornelles_profesor pianista_repertorista
VIOLA Y MÚSICA DE CÁMARA
Juan_Manuel_Consuegra_profesor_pianista_repertorista