menu x

PROFESORES

Agustín León Ara

VIOLÍN

Agustín León Ara naceu en Santa Cruz de Tenerife, Canarias, onde comeza os seus estudos musicais cos seus pais no Conservatorio desta cidade. Continúa no Royal College of Music de Londres con Albert Sammons, Cecil Aronowitz e Alan Loveday, e despois,  no Conservatorio de Bruxelas con André Gertler e Louis Poulet.

Laureado nos concursos internacionais de Darmstadt, de música contemporánea, Henri Wieniawski de Polonia e Reina Elisabeth de Bélxica, León Ara preto comeza unha brillante carreira internacional que ten lugar en toda Europa, Sudamérica, Estados Unidos e Xapón, colaborando como solista con prestixiosas orquestras e baixo a dirección dos máis eminentes mestres.

A compositora polaca Grazyna Bacewicz, Joaquín Rodrigo e os máis destacados compositores españois contemporáneos, entre eles Luis de Pablo, Tomás Marco,  e Joan Albert Amargó adicáronlle obras.

A labor pedagóxica de Agustín León Ara constitúe unha das máis importantes aportacións á formación de músicos en España e no Estranxeiro. Profesor titular de violín nos Conservatorios de Bruxelas e Profesor Especial Invitado do Conservatorio Municipal de Barcelona, Profesor Extraordinario na Chapelle Musicale Reine Elisabeth de Bélxica, Profesor Invitado de violín da Xoven Orquestra Nacional de España, Profesor na Escola Superior de Música de Cataluña (ESMUC), na actualidade, León Ara é Profesor no Conservatorio de Música das Illas Baleares e Director dos Cursos Universitarios e Internacionais de “Música en Compostela”. Tamén impartiu cursos na Escola Latinoamericana de violín de Caracas, Venezuela, no Conservatorio Nacional de París, e de forma regular, no Conservatorio Superior de Música de Tenerife, e nos cursos de Morella e Segorbe.

Coroando a súa brillante e versátil carreira como mestre, académico, solista e intérprete de música de cámara, xénero que cultiva amplamente formando nun principio dúo coa magnífica e malograda pianista Rosa Sabater, despois con José Tordesillas, entre 1972 e 1996, e na actualidade con Graham Jackson, León Ara funda, en 1994, a Orquestra de Cámara Joaquín Rodrigo, da cal é concertino-director. Asemade, e ao obxecto de divulgar a música española, en 2000 forma cuarteto co violonchelista  Pedro Corostola, o viola Enrique Santiago e o violinista José Manuel Álvarez Losada.

Entre as numerosas gravacións discográficas que realizou para DECCA, ARIOLA, EMI, PHONIC, CPO, PHILIPS, destacan a integral para violín e piano de Joaquín Rodrigo, o Concerto de Estío coa London Symphony Orchestra e a Cançoneta, coa Academy of St. Martins in the Fields, obras do mesmo autor. Recentemente realizou para Columna Música un CD con dúas sonatas españolas que non foran gravadas ata a data, de Casals y Cassadó.

León Ara foi obxecto de importantes distincións, entre as que cabe citar: Premio Ourense, Medalla da Fundación “Eugène Isaye” de Bélxica, Membro correspondente da Academia de Belas Artes de San Miguel de Tenerife, Membro Numerario da Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, Medalla de Ouro da Illa de Tenerife, e o Premio Larios á interpretación musical outorgado pola súa contribución á difusión mundial da música española e a súa labor pedagóxica como creador dunha persoal escola violinística.

 Agustín León Ara é un dos máis importantes especialistas na música do compositor Joaquín Rodrigo.

EXPERIENCIA PEDAGÓXICA

Entre 1961 e 1970, é profesor auxiliar na clase do Mestre André Gertler, no Conservatoire Royal de Musique de Bruxelles, Bélxica.

En 1970 é nomeado profesor titular no mesmo centro, cargo que ocupa ata 1993, data na que solicita a excedencia e máis tarde, a xubilación anticipada para dedicarse de cheo á clase do Conservatorio Superior Municipal de Barcelona onde imparte as súas ensinanzas desde 1986 ata hoxe en día.

Entre 1984 e 1993, é profesor na Chapelle Musicale Reine Elisabeth de Bélxica.

Entre 1970 e 1984, é profesor dos Cursos Internacionais Manuel de Falla do Festival de Granada e desde 1971 e ata hoxe, profesor nos Cursos Internacionais Universitarios de “Música en Compostela”, consagrados á información, difusión e interpretación da música española. Actualmente e dende o ano 2012, é asemade, Director de dito Curso.

Dende a súa fundación, é profesor da Xoven Orquestra Nacional de España.

Impartiu cursos de diferente duración no Conservatorio Nacional de París, na Escola Suramericana de violín de Caracas, en Costa Rica, Esmirna, e nos Conservatorios Superiores de Valencia, Morella e Segorbe, da Comunidade Valenciana, e no de Santa Cruz de Tenerife.

https://www.youtube.com/watch?v=UKap6ne2LWI

Pianistas Repertoristas

Angel_Huidobro_profesor_pianista_repertorista
VIOLONCHELO
Itziar_Barredo_profesora_pianista_repertorista
Juan_Carlos_Cornelles_profesor pianista_repertorista
VIOLA Y MÚSICA DE CÁMARA
Juan_Manuel_Consuegra_profesor_pianista_repertorista