menu x

LXVII Edición

Cursos Universitarios e Internacionais de
"Música en Compostela"
Santiago de Compostela, do 27 de xullo ao 9 de agosto de 2025

Condicións de admisión de alumnos:

Os Cursos Universitarios e Internacionais de "Música en Compostela" refírense, exclusivamente, á información e interpretación da música española. Poden asistir a eles os músicos de calquera nacionalidade, en posesión dun alto e recoñecido nivel técnico.

O seu alumnado consta de catro clases: becarios, non becarios, oíntes e masterclass, dende 5-6 grao profesional, superior e máster.

ALUMNOS BECARIOS

Dereitos de inscrición alumnos becarios: 595€
Todos os alumnos que sexan beneficiarios dunha beca de "Música en Compostela" terán que abonar os dereitos de inscrición de alumnos becarios.
Existirán dous tipos de becas:
Beca completa: Manutención e aloxamento.
Beca aloxamento: Aloxamento gratuíto, pero deberán abonar 350 € pola manutención (desayuno, comida e cea) durante as 2 semanas do curso.

 

Residencia Universitaria da U.S.C., con habitación individual e internet durante todo o período lectivo.
(Os candidatos que non fosen beneficiarios dunha beca poderán participar igualmente no curso en condición de alumnos activos.)

ALUMNOS  ACTIVOS

Dereitos de inscrición alumnos activos: 595€
Todas aquelas persoas que, sendo admitidas, non sexan beneficiarias dunha beca, poderán participar igualmente no curso como alumnos activos, nas mesmas condicións académicas e participativas que os alumnos becarios, só que sen beca de manutención e aloxamento.

ALUMNOS OINTES

Dereitos de inscrición alumnos oíntes: 350€

MASTERCLASS - Clavicémbalo

Dereitos de inscrición alumnos masterclass: 250€
Diego Ares, clavicémbalo | Masterclass (5-7 agosto 2025)
Dúas clases individuais & Acceso a todas as actividades do curso e clases como oínte.
Alumnos oíntes: 30€

CONCURSO - Guitarra 

Concurso guitarra "Savarez": 1.000€ (Premio)

Os alumnos da cátedra de guitarra que o desexen poden inscribirse no concurso de guitarra que se desenvolverá durante o curso.
Os aspirantes tocarán unha obra ou movemento dun compositor español e unha peza obrigatoria para guitarra encargada por Música en Compostela.

O xurado está composto polo titular da cátedra de guitarra, o compositor convidado e un membro do claustro de profesores ou colaborador designado polo director do curso.

O estreno mundial celébrase durante un dos concertos de alumnos.

 

Compositora convidada 2025: Consuelo Díez (1958-)
musicaencompostela.es/consuelo-diez

Patrocina: Savarez
https://www.savarez.com

PREMIOS

Premio "Andrés Segovia" - Guitarra
Premio "Enrique Santiago" - Viola
Premio "José Miguel Ruiz de Morales" - Musicoloxía
Premio "Felix Hazen García" - Piano
Premio "Ramón Salgado" - Música de cámara
Premio "Ana María Sánchez" - Canto
Premio "Antón García Abril" - Composición
Premio "Agustín León Ara" - Violín
Premio "Carlos Romero de Lecea" - Violonchelo
---
Premio "Savarez" - Concurso de guitarra


Montserrat Caballé, canto (1962) ou David Russell, guitarra (1975) son algúns dos nosos becarios e premiados ilustres.
Grandes compositores como Carmelo Bernaola ou Cristóbal Halffter xunto con directores de orquestra como Jesús López Cobos ou Christopher Hogwood foron os nosos alumnos.

Documentación a enviar:

DOCUMENTACIÓN A ENVIAR

⋅ Boletín de inscrición debidamente cumprimentado

⋅ "Currículum Vitae"

⋅ Fotografía do DNI ou Pasaporte

⋅ Fotografía tamaño carné

⋅ Todos aqueles documentos que acrediten a súa formación musical

⋅ Autorización paterna (no caso de que sexa menor de idade)


 

Todos aqueles alumnos que, salvo xustificación oportuna, non envíen a totalidade dos documentos requiridos na convocatoria non se terán en conta como candidatos á obtención dunha beca.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 

Todas as solicitudes de admisión deberán ser enviadas á Secretaría Xeral de "Música en Compostela", podendo facerse por correo electrónico (secretaria@musicaencompostela.es).

 


Prazo de presentación de solicitudes:

do 1 de febreiro ao 30 de xuño de 2025


 

As cantidades correspondentes aos dereitos de inscrición serán aboadas no prazo que se indique, trala comunicación de admisión como alumno becario activo, oínte ou masterclass.

OBSERVACIÓNS IMPORTANTES

Unha vez rematado o prazo de admisión de solicitudes e examinada a documentación aportada por todos os candidatos, en reunión do claustro de profesores presidido polo director do Curso, outorgaranse as becas de "Música en Compostela" a aqueles alumnos que deixasen constancia do seu alto recoñecido nivel técnico.

 

Todos os alumnos que enviasen a documentación, recibirán comunicación do resultado de solicitude, a cal se fará por correo electrónico a mediados do mes de xuño, recibindo ademais, instrucións concretas sobre as obras que deberán preparar para o estudio do curso.

 

 Todo o alumnado, xa sexa becario, activo, oínte ou masterclass, so poderá asistir a unha das ensinanzas. Calquera excepción, será resolta polo consello directivo do curso.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE:

A) Todos os alumnos que non obteñan a condición de alumnos becarios, terán que abonar 595 € de dereitos de inscrición, só que sen dereitos de manutención e aloxamento.

B) Os alumnos da cátedra de guitarra que o desexen poden inscribirse no concurso de guitarra que se desenvolverá durante o curso.

C) Será especialmente valorable para a obtención da beca, o envío dun vídeolink, para os alumnos das cátedras instrumentais, coa interpretación dunha peza de música clásica, que non debe ser obrigatoriamente de música clásica española.

D) Todos os concertos, conferencias e actividades non lectivas, serán de asistencia obrigatoria para todos os alumnos do curso.

RENUNCIAS E NON COMPARECENCIAS

Aqueles alumnos que fosen becados e polas razóns que fosen renuncien á beca concedida, deberán notificalo por escrito e xustificar as razóns da súa renuncia antes de 15 días do inicio do curso. No caso de non facelo deste xeito, non poderán optar a unha nova beca na seguinte edición do curso.

 

Se o alumno que obtivera unha beca, non se presenta ao curso sen comunicar a súa renuncia á mesma, non poderá optar a unha nova beca nas dúas seguintes edicións do curso.

 

Os alumnos reincidentes en renuncias e/ou non comparecencias inxustificadas, serán rexeitados definitivamente como candidatos a ser becados.

 

Os alumnos que quixeran asistir ao curso e estean excluídos dalgunha convocatoria por calquera das razóns citadas anteriormente, só poderán facelo en calidade de alumnos oíntes, correndo pola súa conta todos aqueles gastos que da súa participación se deriven.

Repertorio: