Inicio

Curso Universitario Internacional de Música Española
Interpretación e Información

Condicións de admisión de alumnos


Os Cursos Internacionais de "Música en Compostela" refírense, exclusivamente, á Información e Interpretación da Música Española. Poden asistir a eles os músicos de calquera nacionalidade, que posúan un alto e recoñecido nivel técnico. O seu alumnado consta de dúas clases: Bolseiros e Ouvintes.

A condición de Bolseiro terá que ser obtida mediante solicitude escrita dos interesados, á que se unirán o seu " curriculum vitae", fotocopia do D.N.I. ou Pasaporte, dúas fotografías tamaño carné e todos aqueles documentos que acrediten a súa formación musical. Nesta condición terán dereito ó aloxamento e pensión alimenticia na Residencia Universitaria durante o período lectivo. Os que non foren admitidos como Bolseiros poderán optar por permanecer no Curso en condición de Ouvintes.

A condición de Ouvinte será determinada mediante abono dos dereitos de matrícula, correndo pola súa conta o aloxamento e a pensión alimenticia.

Tanto a condición de Bolseiro como a de Ouvinte será determinada polo Consello Directivo de "Música en Compostela". Acreditarase pola oportuna Credencial, recibida na cerimonia inaugural do Curso.

Presentación de solicitudes e documentación

Directamente á Secretaría Xeral de "Música en Compostela", ben por correo postal ou ben por correo electrónico.

Plazo de presentación de solicitudes: del 1 de Enero al 31 de Mayo de 2012.

Dereitos de inscrición (para todo o alumnado): 250 Euros

Esta cantidade será bonada trala concesión inicial da bolsa (Alumnos Bolseiros) e no momento da matrícula (Alumnos Ouvintes).

Observacións importantes

Durante o mes de xuño, todos os alumnos recibirán instrucións concretas acerca das obras que deberán traer coñecidas para o seu estudo no Curso.

Tanto os Bolseiros como os Ouvintes soamente poderán asistir a unha das ensinanzas. Calquera excepción deberá ser resolta polo Consello Directivo do Curso.

Renuncias e non comparecencias

Aqueles alumnos que, sendo beneficiarios e polas razóns que fosen renuncien á Bolsa concedida, teñen que avisar por escrito e xustificar debidamente as razóns da súa renuncia, 15 días antes do inicio do Curso. No caso de non facelo e non cumprir o prazo para renunciar, non poderán optar a unha nova Bolsa na seguinte edición do Curso.

Se un alumno que despois de obter unha Bolsa, non se presenta ao Curso sen comunicar a súa renuncia á mesma, non poderá optar a unha nova Bolsa nas dúas seguintes edicións do Curso.

Os alumnos reincidentes en renuncias e/ou non comparecencias inxustificadas, serán desestimados definitivamente como candidatos a ser Bolseiros.

Os alumnos que queiran asistir ao Curso e estean excluídos dalgunha convocatoria por calquera das razóns anteriormente citadas, só poderán facelo en calidade de alumnos Ouvintes, correndo pola súa conta todos os gastos que da súa participación se deriven.